28| ds |19.30H | 3r ANIVERSARI ACGB

3r aniversari ACGB · Euskal Etxea

Novament Galícia aterra a l’Euskal Etxea! I ho fa amb la celebració del tercer aniversari de l’ACGB! Tot un dia de festa i bon ambient! Tota la info a www.acgb.gal

VERMUT MUSICAT + TALLER DE BALL + CONCERTS + MUIÑADA

[ENTRADES CONCERTS] : El mateix dissabte 28-N, a l’Euskal Etxea, a partir de les 13 fins a les 19.20 hores! Preu: 5 €

Este ano imos celebrar o 3º aniversario da ACGB no centro cultural Euskal Etxea (Arc de Sant Vicenç, Born). Será o sábado, 28 de novembro, ás 19.30 horas. A entrada custará 5 € (informaremos en breve para mercala anticipadamente).

Comezaremos co grupo O Val das Mouras. Esta formación celta-folk basea a súa proposta musical na obra poética de Rosalía de Castro, concretamente no libro Follas Novas. A banda, que comparte nome cun lendario bosque galego, convídavos a empezar unha viaxe atrás no tempo cara a un lugar moi lonxe, a través de profundas melodías e harmonizando os versos que retrataron a muller galega, o emigrante, o mariñeiro e o aldeán e nos que Rosalía se espiu para así vestilos a todos eles de dignidade e respecto. (www.ovaldasmouras.com)

Despois, visitarannos as músicas de Maruja Limão. A súa sonoridade foi posíbel por unha simbiose entre as culturas ibéricas grazas á cultura do mar: voces do Atlántico, do Cantábrico e de todo o Mediterráneo. É música para ser sentida e espremida. Os temas, a nova composición e as adaptacións da música tradicional e popular comparten esta mesma estética tradicional, transgredida, tanto na vertente literaria, como no musical. Maruja Limão é unha muller que cheira a terra e a mar.   (www.marujalimao.wordpress.com)

Para rematar a noite, bailaremos ao son de Niamh Trio. É una nova formación de Barcelona, xorde nos inicios do 2014. Busca un son persoal para as melodías tradicionais procedentes de Galiza, Francia e Irlanda. Dispón dun repertorio enfocado cara ao baile tradicional, como cara a calquera acontecemento festivo, grazas a que combina as melodías tradicionais con dinámicas máis actuais. (niamh-trio.blogspot.com.es)

Estade ben atentas e atentos nas redes sociais e na web, porque informaremos de máis sorpresas para ese mesmo día!!